QUERE O TEU MERCADO 2024

Comparte esta nota de prensa

No marco do Día Internacional do Mercado que se conmemora cada 25 de maio, a Concellaría de Comercio sumouse de novo á campaña Quere o teu Mercado, unha iniciativa da Xunta de Galicia en colaboración coas administracións locais para apoiar, promocionar e visibilizar o papel destes puntos fundamentais para a dinamización económica e social.

O venres, Lucía Blanco, edila de Comercio, achegouse até o mercado municipal de Ares para acompañar a preto de 70 nenos e nenas de primaria do CPI As Mirandas na súa visita. Durante o percorrido, Blanco explicoulles como se organizaban os praceiros, como xurdiron as Prazas de Abastos e a importancia que teñen na nosa sociedade.

Os pequenos e pequenas entregáronlle a cada posto do mercado de Ares un pequeno mural cun eslogan personalizado e recibiron, de mans da concelleira de Comercio, un agasallo conmemorativo da campaña.

Xa o mesmo sábado, 25 de maio, ata alí desprazouse o grupo de gaitas Trouleada para dinamizar o espazo do mercado municipal e poñer en valor o rol que xogan os praceiros e praceiras na venda de produto de proximidade e a economía circular.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña