PROXECTO XERAL DO SERVIZO DE “ConciliARES” 2023

Comparte este evento

SERVIZO DE CONCILIACIÓN  DO CONCELLO DE ARES PARA XULLO E AGOSTO de 2023

Qué é este Servizo?

O Servizo de “Conciliares ” é unha actividade  de eido lúdico-educativa, onde os nenos e nenas poderán realizar actividades adaptadas e divertidas á vez que aprenden e se desenvolven, axudando así tamén ás familias a conciliar a súa vida laboral e familiar.

Este servizo, lévase a cabo dende a Concellaría de Servizos Sociais, seguindo unha rigorosa orde de seleción segundo os criterios de acceso establecidos.

OBXECTIVOS DO SERVIZO:                                                                         

Obxectivos xerais:

  • Fomentar a conciliación da vida laboral e familiar das persoas usuarias.
  • Contribuír á formación integral das persoas seleccionadas, potenciando a oferta de actividades de carácter educativo, deportivo, artístico, de lecer, de promoción da saúde e de habilidades persoais.
  • Potenciar valores e actitudes, así como o desenvolvemento da autonomía persoal e superación de dificultades.

Obxectivos específicos:

  • Promover estilos de vida saudables.
  • Promover as actitudes e valores de igualdade de xénero.
  • Desenvolver a autoestima dos nosos nenos e nenas
  • Afianzamento de comportamentos baseados en valores humanos.

DESTINATARIOS

Nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e os 12 empadroados/as no Concello de Ares e que ambos os proxenitores estean en activo, ou nenos/as comprendidos nesas idades que, estando empradoados ou non, os dous membros parentais traballen e algún deles fágao no termo municipal.

Prazas:

30 prazas por quincena.

HORARIO

O horario é o seguinte:

Xullo e  e Agosto de 8:30 a 14:30 h. de luns a venres, agás festivos.

1ª  Quincena; do 3 ao 14 de Xulo de 2023 (ambos inclusive)

2ª  Quincena; do 17 ao 31 de Xullo de 2023(ambos inclusive)

3ª  Quincena; do 1 ao 14 de Agosto de 2023(ambos inclusive)

4ª Quincena; do 16 ao 31 de Agosto de 2023(ambos inclusive)

INSTALACIÓNS

Esta actividade lévase a cabo:

  • Comedor e Pista cuberta do CPI As Mirandas(solicitado o espazo por escrito, pendente de confirmación)

CRITERIOS DE ACCESO  E PREFERENCIA DO SERVIZO:

Xa que o Servizo de “Conciliares” é un servizo destinado a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, os criterios de acceso seguirán a orde seguinte:

  • Nen@s empadroadxs no Concello de Ares con ambos proxenitores traballando (ou só do que ostente a garda e custodia no caso de divorcio- separación ou no caso de familias monoparentais ).
  • Nen@ s empadroados con informe previo dos Servizos Sociais.
  • Nenxs non empadroados no Concello de Ares con ambos proxenitores traballando e que mínimo un dos proxenitores traballen no termo municipal de Ares.
  • Nen@s empadroad@s no concello de Ares cun so proxenitor traballando.
  • Nenos non emapdroad@s con Concello cun proxenitor traballando no termo muncipal de Ares.
  • Nenxs non empadroados e sen ningun proxenitor traballando en Ares no caso de non cubrir as prazas ofertadas; o baremo será o da renda.

Anotacións:

  • A orde das listaxes dos participantes dentro de cada punto anterior virá dada pola renda da unidade familiar (de inferior a maior) e priorizando aos empadroados.
  • No caso de cubir as prazas,

 

DOCUMENTACIÓN E BASES:

BASES en pdf

ANEXOS en pdf

Pódeche interesar...

Eventos

Samaín na Biblioteca

‘Unha biblioteca de medo’ é o nome que recibe a busca de pistas que se promoverá a vindeira semana en tres quendas distintas. Trátase dunha aproximación dos pequenos e

Eventos

Academia AresxSaúde

A Academia AresxSaúde coa coa seguinte relación de charlas.   8de NOVEMBRO, 19h. Antonio Rial Boubeta (Psicólogo): “Como promover un uso saudable, seguro e responsable