ANUNCIO PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL DOCENTE DA ESPECIALIDADE SSCS0208 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS DO PROXECTO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REINICIA X” DO CONCELLO DE MUGARDOS (SEGUNDA CONVOCATORIA)

O Tribunal que xulga o proceso selectivo de docente da especialidade SSCS02008 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, en sesión celebrada o día 15.02.2024, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.- Prestar aprobación á baremación das seguintes persoas candidatas no proceso selectivo de docente da especialidade SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais do obradoiro dual de emprego REINICIA X:

Segundo.- Non proceder á valoración da persona aspirante solicitude 08/02/2024 13:08, número rexistro de entrada 2024-E-RC-614, por non reunir o requisito específico de experiencia profesional requirido conforme ao RD 1379/2008, de 1 de agosto, que regula o certificado de profesionalidade da especialidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Terceiro.- Proceder a publicar anuncio comprensivo das puntuacións finais acadadas polas persoas aspirantes no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Mugardos e dos Concellos de Ares e Fene e de forma complementaria na páxina web con apertura dun prazo dun (1) día hábil para a presentación das reclamacións e emendas que estimen oportunas. No caso de non ser presentada no indicado prazo alegación ningunha, procederase a publicar anuncio comprensivo da relación definitiva de aspirantes coa puntuación acadada de maior a menor, elevando Concello de Mugardos A Coruña proposta de contratación ao Alcalde a favor de García Pardo, María Teresa. En caso contrario o Tribunal volverá a reunirse para a resolución das alegacións presentadas e formular nova proposta de contratación.

Mugardos, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola presidenta do Tribunal Dna. Ana M Gómez Peña

ANUNCIO BAREMACION SELECCIÓN DO PERSOAL DOCENTE DA ESPECIALIDADE SSCS0208 en pdf