Se aínda non atopaches algunha actividade cultural ou deportiva que te motive, bota unha ollada á seguinte información! En Ares aínda podes sumarte a varios grupos que se están configurando no marco da oferta municipal para o curso 2024-2025:
XADREZ (+ 6 ANOS), un deporte para mellorar as habilidades mentais á hora de resolver problemas, tomar decisións, concentrarse e procurar a creatividade na formulación das xogadas.
- ONDE: Na Alianza Aresana (Grupo 1) e na Agrupación Instrutiva de Caamouco (Grupo 2).
- CANDO: Grupo 1 (Ares): Martes de 16:00 a 17:00 h.
Grupo 2 (Caamouco): Martes de 17:30 a 18:30 h.
- PREZO: 9,40 € (menores) / 14,40 € (adultos).
TENIS (+ 6 ANOS)*, para traballar a coordinación, a mellora da forma física, o equilibrio, a forza… nunha destreza deportiva moi completa.
- ONDE: No pavillón polideportivo municipal.
- CANDO: Martes de 18:30 a 20:30 horas.
- PREZO: 12,55 €.
*Escola que dará inicio cando finalicen as obras do pavillón deportivo de Ares.
VOLEIBALL (+ 9 ANOS)*, en colaboración co Club de Voleibol CV Narón Volea, mellorando a técnica, pero tamén a resistencia cardiovascular, os reflexos ou a forza en todo o corpo, dende pernas a brazos e tronco.
- ONDE: No pavillón polideportivo municipal.
- CANDO: Sábados de 11:00 a 13:00 horas.
- PREZO: 12,55 €.
*Escola que dará inicio cando finalicen as obras do pavillón deportivo de Ares.
TONIFICACIÓN (+ 14 ANOS)*, realizando sesión de musculación cardiofitness, amais de series de crossfit.
- ONDE: No pavillón polideportivo municipal – Sala de Usos Múltiples.
- CANDO: Luns e mércores de 9:30 a 10:30 horas.
- PREZO: 20,67 €
*Reubicado no edificio sociocomunitario de Seselle até o remate das obras do pavillón deportivo de Ares.
BAILE LATINO (+ 16 ANOS)*, aprendendo a moverse cos ritmos alén do mar coa gran cantidade de estilos vinculados ás melodías da música latina, dende a salsa, bachata, merengue…
- ONDE: No pavillón polideportivo municipal.
- CANDO: Todos os xoves de 20:30 a 22:00 horas
- PREZO: 14,14 €
*Reubicado no edificio sociocomunitario de Seselle até o remate das obras do pavillón deportivo de Ares.
XIMNASIA (+ 16 anos), nas contornas de Caamouco e Cervás, orientado ao mantemento físico, exercicios de mobilidade articular, estiramentos e sesións de nivel moderado para combater o sedentarismo.
XIMNASIA CERVÁS
- ONDE: Nas instalacións da Gandeira de Cervás.
- CANDO: Martes e xoves de 18:00 a 19:00 horas.
- PREZO:18,83 €
XIMNASIA CAAMOUCO
- ONDE: Na Agrupación Instrutiva de Caamouco.
- CANDO: Martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas.
- PREZO:18,83 €
Oferta completa de escolas municipais: https://concellodeares.com/escolas-deportivas-e-culturais-municipais-2024-2025/
Oferta completa de actividades municipais: https://concellodeares.com/actividades-deportivas-municipais-2024-2025/