Praia de Ares

  • Sitúase ao longo de todo o paseo marítimo do pobo, é unha praia de augas mansas e de gran tranquilidade para gozar con familia, amigos ou parella. Ademais, conta cunha zona na que tamén os cans poden gozar da mesma. Ao longo da praia de Ares poderá atopar numerosos bares ou restaurantes para deleitarse dun xeado fresco a media tarde.
  • Lonxitude: 1.3 km.
  • Ubicación: Zona urbana.
  • Acceso: Peonil con escaleiras e rampas para persoas con minusvalías. O paseo marítimo rodea toda a praia, e conta con diferentes accesos.
  • Grao de ocupación: Alto.
  • Composición: Area branca de grosor medio.
  • Descrición: Praia ventosa de augas tranquilas, de area branca situada na ensenada de Ares e preto do casco urbán e do porto. Ideal para a vela. Igualmente nas súas inmediacions sitúase o Parque Rosalía de Castro, no que podemos disfrutar da sombra das súas árbores.
  • Equipamento: Papeleiras, duchas. Servizo de socorrismo, parada de Autobuses e porto deportivo próximos. Conta cunha oficina de Información Turística, situada no parque Rosalía de Castro.

GPS: LAT:43º25´37.73´´N // LON: 8º14´33.78´´O