Plano zonas estacionamento regulado no núcleo urbano

Comparte esta nota de prensa

Lémbrase que a partir de mañá, día 1 de xullo, comezan a aplicarse as normas que regularán o estacionamento de vehículos no municipio (núcleo urbano e areais), coa finalidade de ordenar de maneira segura e racional as superficies susceptibles de aparcamento no período estival.

A normativa establece tres zonas diferenciadas de estacionamento: unha zona blanca (libre e gratuíta para todos os vehículos), zona verde (de uso exclusivo para vehículos con imposto de circulación en Ares) e unha zona azul (libre e gratuíta para os vehículos con imposto de circulación en Ares e con franxas horarias de pago e reserva previa para os que non o teñan, dúas horas pola mañá e dúas pola tarde, sendo o resto dos tramos libre e gratuíto para todos os vehículos).

No seguinte plano pode verse como quedan as distintas zonas de estacionamento habilitadas dentro do núcleo urbano.

No núcleo urbano o número total de prazas de aparcamento da zona azul (a situada nalgúns tramos máis próximos ás praias) é de 190 (14,5 % das prazas totais).

A zona verde conta cun número aproximado de 420 prazas (o que supón un 32% con respecto ás prazas de estacionamento regulado totais).

A zona de “parking” (aparcamentos públicos da Avenida de Mugardos, Reitoral e AC-123) é libre e gratuíta para todos os vehículos, cun total de 450 prazas dispoñibles, a maiores da zona blanca de todo o casco urbano con aproximadamente 700 prazas de estacionamento (53,5% do total de prazas reguladas).

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña