En cumprimento do establecido na Disposición adicional segunda da Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario, resulta necesario publicar a porcentaxe de perda de auga na rede de abastecemento do Concello de Ares:
Año | Porcentaje de pérdidas en la red |
2021 | 44,08 % |
O concello de Ares en canto á xestión da súa rede de abastecemento está a realizar un importante esforzo tanto orzamentario como humano para mellorar este servizo, aínda que esta auditoría realizouse tendo en conta os valores dos que se dispón desde o ano 2014 ata o ano 2021, con parámetros non moi bos, a incorporación de melloras na subministración centradas na información xunto co coñecemento por parte do persoal que xestiona a auga dos elementos e características que compoñen a rede, fará posible pasar dunha categoría de mala a aceptable no próximos catro ano.
A maiores cabe rersaltar que no presente ano estanse a sustituir as tubaxes antigas de fibrocemento no caso urban por outras de polietileno, moito mais eficientes.
Ademais de renovar 700 contadores con fondos municipais,
Cabe resaltar tamén que se esta a traballar nun ambicioso proyecto de dixitalización do ciclo da auga, o que suporia a renoivación da totalidade dos contadores do municipio.
O que se fai público, en cumprimento da normativa vixente.
O Alcalde
Ares, 28 de novembro 2022