PATRIMONIO INMATERIAL E VIVO: cultura, natureza e biodiversidade

Comparte esta nota de prensa

Unha oportunidade única para afondar no patrimonio cultural e natural de Galicia, xunto coa súa riqueza paisaxística: así é como se articula o Curso de Verán da Universidade de Santiago de Compostela que acolle Ares durante as xornadas do 22 e 23 de xullo no Mosteiro de Santa Catalina.
Expertos nacionais e internacionais achegaranse ao noso concello e realizarán unha panorámica da biodiversidade galega e a súa xestión, en contraste con experiencias como a italiana. As inscricións xa están abertas até este venres, 12 de xullo, con prazas dispoñibles para as persoas interesadas en sumarse ó evento.
O prezo é de 70 euros, pero tamén se contempla unha taxa reducida de 40 euros aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,