Os oito mitos de Palermo, o poemario que viaxa cara o abismo dun mesmo

Comparte esta nota de prensa

O artista aresán Antonio Seijas, polifacético na construción do seu propio universo creativo dende a fotografía, a novela, a ilustración ou a pintura, presentou este venres pasado a súa última publicación, Os oito mitos de Palermo (Aira Editorial, 2024), acompañándolle a escritora Andrea Maceiras, a violoncellista Emma Urango e a concelleira de Cultura, Alma Barrón.

Este último poemario de Seijas que debullou ante a veciñanza supón, nas súas palabras, un “deambular nun labirinto de espazos, tanto vitais coma físicos; un camiñar desde o baleiro cara o abismo dun mesmo”. A condición reflexiva de Os oito mitos de Palermo leva a falar dunha obra que consolida ao artista de Ares como autor literario, ao achegar unha artesanía en forma de poemas de enorme potencia visual e ritmo vertixinoso.

Un libro, ademais, edificado á beira de cantís e escrito con caderno e lápis nun tronco caído, coa compaña dalgún paporroibo de Lubre que se colou na historia poética desenvolta por Seijas.

‘Demasiada pel

Demasiados ósos

Demasiada carne

Demasiada alma

Demasiado de humano

Aínda en min’.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña