Os obradoiros de sensibilización dentro do proxecto “Ares e Valdoviño no Mar” encaran a súa recta final nestas últimas semanas!

Comparte esta nota de prensa

Os escolares do CPI As Mirandas veñen de traballar tanto na aula como no patio contidos relacionados coa pesca local: tipos de embarcacións, diferentes técnicas de extracción do peixe, crustáceos e cefalópodos, especies que se capturan nas inmediacións

O eido litoral de ambos municipios cobra especial relevancia no marco desta iniciativa compartida que tamén achega á rapazada unha ampla fotografía das profesións mariñeiras en Ares. Aquí embaixo podes ver (e identificar) algún dos peixes cos que estivo traballando a rapazada nos obradoiros de sensibilización

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.