Os nenos e nenas do noso ConciliAres, o programa de conciliación familiar da Concellaría de Igualdade e Benestar, viviron toda unha experiencia de piratas, exploración e aventura en Lubre!

Comparte esta nota de prensa

Semella que algún bandido que percorre os mares enterrou alí un valioso tesouro, e non houbo máis opción que ir na súa procura. E, xa de paso, coñecer un pouco máis sobre o valor do patrimonio local, amais de xogar e divertirse nos arredores da Igrexa de Santa Olaia.

Os máis pequenos quedaron totalmente preparados para a vida pirata! Iso é o que amosan as fotografías que deixamos aquí embaixo

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña