OS MAIOS EN ARES 2026

Comparte este evento

1 de maio no parque Rosalía de Castro.

Dende as doce do mediodía comezaremos facendo os MAIOS. Podedes participar, facelo voso, traer tuia, piñeiro…

Deseguido, co remate dos Maios, teremos o XANTAR POPULAR. Cada un pode levar a súa comida e partillar se quere. Haberá mesas postas, ou podes deitarte no campeiro.

Nós venderemos CUNCAS e VIÑO

Botaremos unhas ó xogo tradicional das OLAS

Ó longo da xornada teremos música tradicional galega.


Teremos postos de artesanía: Luisa da Silva, 2ndenini, Pollitomanualidadesferrol…


OBRADOIRO para socios da man de Mukina a partir das 17:00h

Unha xornada de lecer e tradición

VIDE CONNOSCO!


ORGANIZAN:

  • O Rueiro de Ares

  • Concello de Ares

Pódeche interesar...

Eventos

Magosto-Samaín no Rueiro de Ares

Data e hora: 31 de outubro, ás 17:00 h. Lugar: O Rueiro de Ares. Programación e actividades: Obradoiro de colares de zonchos (exclusivo para socios).

Eventos

Samaín na Biblioteca 2026

Programación de medo na Biblioteca Municipal de Ares para gozar da lectura e do misterio. 28 de outubro, ás 19:30 h: «Unha biblioteca de medo»