Os escolares de Ares gozan dunha versión lúdica e didáctica do deporte cunhas xornadas orientación

Comparte esta nota de prensa

Trátase dun programa promovido polo Concello de Ares dentro da campaña XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte

Esta semana arrancou no CPI As Mirandas unha das últimas actividades co foco posto nos nenos e nenas do municipio. Trátase da “Actividade deportiva escolar de Orientación”, unha iniciativa organizada polo Concello de Ares en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte para ofrecer unha ferramenta útil para aprender a orientarse en calquera situación do día a día, como poderían ser a cidade ou a natureza, e incluso en situacións pouco habituais que supoñen o descoñecemento de certos lugares, unha situación de desorientación respecto á rutina diaria e a adaptación a novos contornos.

Así, nas xornadas do 23 e 24 de maio, escolares de 5º e 6º de Primaria do CPI As Mirandas participaron nunha carreira individual de orientación, contra reloxo, na que tiveron que pasar por unha serie de puntos chamados controis, sinalados con exactitude nos seus mapas, e situados no terreo mediante unha baliza. O participantes poideron completar o percorrido máis ou menos rapidamente dependendo da súa habilidade para interpretar o mapa (xunto co apoio do compás) e o seu nivel de condición física.

“Actividade deportiva escolar” é parte da campaña XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración cos concellos, co obxectivo de fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade dende as idades máis temperás, organizando actividades físico-deportivas baseadas na promoción da saúde, o benestar e o acceso sen ningún tipo de discriminacións dos escolares a elas.

Desde a Organización de “Actividade deportiva escolar” informan que tras a realización da actividade de “Atletismo Divertido” celebrado recentemente no campo municipal de Prados Vellos e a actividade de Orientación realizada esta semana, en próximas datas desenvolveranse unhas novas xornadas para os escolares centradas na práctica de múltiples deportes náuticos, cunha notable pegada na contorna municipal de Ares.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña