‘Orientación basureira’, peche final do proxecto Sporural 2023-2024

Comparte esta nota de prensa

Ao longo da mañá de onte e a de hoxe, xoves 30 de maio, o alumnado do CPI As Mirandas está a protagonizar o peche final do proxecto Sporural, unha iniciativa internacional na que se atopa inmersa o Concello de Ares ao longo da anualidade 2023-2024.

Baixo a programación da Concellaría de Deportes, mozos e mozas tanto da ESO como de Primaria percorren a praia urbana da localidade na procura de refugallos, recolléndoos e aprendendo a clasificalos no que se vén de denominar ‘Orientación basureira’. Mais a acción final de Sporural non fica só aí, senón que tamén incorpora a práctica deportiva no eido mariñeiro, achegándose á vela, o kaiak e o paddlesurf e amosando toda a potencialidade do noso municipio nestas tres modalidades.

Con todo isto procúrase acadar un obxectivo relevante deste proxecto, que axudou a estreitar lazos con localidades gregas e húngaras, intercambiando experiencias e información á hora de trazar programacións deportivas: interconectar o deporte co eido litoral, promovendo actividades na natureza dende unha visión o máis inclusiva posible.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña