Orgullos aresáns para toda a localidade!

Comparte esta nota de prensa

Esta fin de semana, o salón de plenos da casa consistorial acolleu o acto de recoñecemento institucional aos últimos logros de Natalia do Espírito Santo Filgueira (Campioa de España de Ximnasia Estética de Grupo), ao equipo de Modestos da SDR Numancia de Ares polo seu ascenso á Primeira de Galicia e aos seus Prebenxamíns polo Campionato do Grupo E2-Consolación.

Unha homenaxe que incluíu a sinatura do Libro de Ouro do Concello e a entrega por parte dos representantes municipais de medallas e placas conmemorativas dos seus éxitos deportivos.

Orgullos aresáns para toda a localidade!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Mestra no Concepción Arenal da Habana, primeira muller en ocupar a Vicepresidencia da Sociedade Fillas de Galicia creada para defender ás emigrantes galegas de calquera abuso e participante no I Congreso de Mulleres de Cuba de 1923, Andrea López Chao foi unha desas referentes que loitou por avanzar na sociedade do século XX.

A súa defensa do sufraxio feminino e da igualdade entre homes e mulleres expoñen a importancia de homenaxeala, xusto como se fixo o domingo pasado