Acompañados por persoal do centro, pero tamén polos seus docentes, recibiron unha charla inicial sobre as demencias e a actividade da asociación, a modo de formación teórica, pero tamén interactuaron co grupo de afectación inicial e moderado para aplicar o coñecemento específico que veñen de adquirir dende o inicio do Reinicia IX.
Esta tipoloxía de visitas didácticas axudan a entender as particularidades dos postos de traballo que poderá desenvolver no futuro o alumnado-traballador e responde á máxima do obradoiro de hibridar o eido téorico coa formación práctica!