Obradoiros ‘Envellecendo en Ares’ 2024-2025

Envellecendo en Ares

Comparte este evento

A Concellaría de Igualdade e Benestar de Ares vén de anunciar a programación que deseñou para arrancar o curso 2024-2025 na vila con múltiples obradoiros dirixidos aos e ás maiores de 55 anos empadroados/as no municipio.

Trátanse, nesta anualidade, de catro grandes tipoloxías de obradoiros, conformando unha oferta que permita brindar espazos de socialización e estimulación durante a tempada do outono ao verán, amais de fomentar lugares de aprendizaxe en cuestións como as novas tecnoloxías. A programación arrancará a partir do 2 de outubro, mais requerirá de inscrición previa do 3 ao 20 de setembro.

 

OBRADOIROS ‘ENVELLECENDO EN ARES’

  • Obradoiro de memoria

GRUPO ARES: Luns de 16.30 a 18.00 e de 18.00 a 19.30 horas. LUGAR: Alianza Aresana.

GRUPO CERVÁS: Venres de 17.00 a 18.30 horas. LUGAR: Ganadera de Cervas.

GRUPO REDES: Anotarse para creación de grupo.

  • Obradoiro lectoescritura

GRUPO I: Martes de 10.30 a 12.00 horas. LUGAR: Centro de Servizos Sociais.

  • Obradoiro risoterapia

GRUPO I: Xoves de 16.30 a 18.00 horas. LUGAR: Anexo cultura.

GRUPO II: Xoves de 18.00 a 19.30 horas. LUGAR: Anexo cultura.

  • Obradoiro de smartphones

GRUPO I: Luns de 10.15 a 11.45 horas. LUGAR: Casa da xuventude.

GRUPO II: Mércores de 10.15 a 11.45 horas. LUGAR: Casa da xuventude.

GRUPO III: Mércores de 12.00 a 13.30 horas. LUGAR: Casa da xuventude.

 

ANOTACIÓNS

Realízanse presencialmente no departamento de Servizos Sociais de Ares, por rigurosa orde de inscrición ata esgotar prazas.

O prazo de inscrición é do 3 de setembro ao 20 de setembro de 2024, baixo horario de 10.00 a 13.00 horas.

 

Envellecendo en Ares

PROGRAMA ENVELLECENDO EN ARES 2024-2025

Pódeche interesar...

Eventos

Samaín na Biblioteca

‘Unha biblioteca de medo’ é o nome que recibe a busca de pistas que se promoverá a vindeira semana en tres quendas distintas. Trátase dunha aproximación dos pequenos e

Eventos

Academia AresxSaúde

A Academia AresxSaúde coa coa seguinte relación de charlas.   8de NOVEMBRO, 19h. Antonio Rial Boubeta (Psicólogo): “Como promover un uso saudable, seguro e responsable