Co sol dando comezo aos primeiros compases da última edición do Mercadillo Veciñal do Concello de Ares, profesionais e veciñanza montaron os seus postos para dinamizar durante todo o día de onte, domingo 7 de xullo, o paseo marítimo da localidade.
Polos stands puidemos atopar multitude de produtos distintos para intercambiar, dende vaixelas antigas a libros, DVDs, xoguetes, roupa, calzado ou mesmo xoias artesáns feitas de ganchillo, unha mostra variada a prezos populares.