O certame musical promoverase na Igrexa de San Xosé de Ares ás 18:30 horas coa participación dunha mostra da música coral da localidade.
A Concellaría de Cultura vén de anunciar a posta en marcha dunha nova edición do xa tradicional Festival de Panxoliñas que se produce por estas datas na Igrexa de San Xosé de Ares, o espazo que o acollerá o 18 de decembro ás 18:30 horas.
O certame musical alcanza así a súa undécima organización mantendo o seu espírito de dinamización sociocultural, pero tamén enfatizando o valor da música e das obras corais da contorna aresán.
Por iso, o XI Festival de Panxoliñas será unha boa oportunidade para escoitar cancións populares da man de agrupacións públicas e privadas como o coro parroquial, a banda da A.C. Xábrega, a Rondalla de Trovadores de Ares, o grupo Son de Troula ou a escola de música Laura Morgade.