Na Alianza Aresana, o persoal do Concello afondou no funcionamento do CIM e na súa misión, que non é só traballar con vítimas de violencia de xénero, senón tamén brindar atención específica ás mulleres nos eidos xurídico, psicolóxico ou laboral, sempre dende a confidencialidade e a privacidade das consultas. Ademais, tamén falaron doutros servizos e recursos especializados no ámbito provincial e nacional aos que se pode recurrir ante unha situación de violencia machista.
Con eles tamén estivo Victoria Montenegro, concelleira de Igualdade e Benestar na localidade.