O Torneo de Xadrez Concello de Ares volve á vila para celebrar a súa oitava edición

Comparte esta nota de prensa

O evento deportivo, que xa se realizaba anos atrás no municipio aresá a través dun club de xadrez local, recupera o seu espíritu organizativo e recalará no Casino de Ares ao longo do domingo, 13 de outubro. Precisará de inscrición previa vía e-mail ou telefónica para participar nalgunha das sesións de tarde ou de mañá.

O prezo xeral de inscrición é de 5 euros, mais os empadroados/as en Ares poderán concorrer totalmente de balde previa acreditación.

A Escola de Xadrez da Galicia Norte, en colaboración coa Escola Ferrolá de Xadrez e co patrocinio do Concello, organizará no municipio o VIII Torneo de Xadrez Concello de Ares, un evento ideal para os amantes deste deporte mental que se promoverá o 13 de outubro no Casino de Ares.

O torneo vén de ser presentado hoxe mesmo por parte de Alma Barrón, concelleira de Cultura, o técnico de deportes municipal, Javier Sánchez, e Xoán Reipromotor titulado de eventos de xadrez a nivel comarcal coma axente involucrado na organización.

Eles foron os encargados de debullar con máis detalle as características do torneo, que desembarcará en Ares en tres quendas de mañá e de tarde: ás 11:00 h., 12:00 h. e 13:00 h., e logo retomará a actividade ás 16:00 h., ás 17:00 h. e ás 18:00 h.

Ademais, este VIII Torneo de Xadrez Concello de Ares pretende recuperar as dinámicas e sinerxias do pasado da localidade, pois o municipio contou no seu momento cun Club de Xadrez Federado e con esta mesma tipoloxía de competición, que levaba un período longo de tempo sen organizarse. É precisamente aos antigos afeccionados de xadrez en Ares, amais de novas personas interesadas nesta tipoloxía de deporte, aos que se desexa convidar a participar e solidificar lazos baixo un interese común. Mais sempre defendendo que o xadrez non de idades, sexos, eivas físicas… é horizontal e aberto a todo o mundo.

O ritmo de xogo será de 20 minutos para cada deportista, na procura de partidas que resulten vistosas e dinámicas para os participantes, pero tamén para espectadores acompañantes, baixo unha modalidade denominada como ‘suíza’, onde se hibrida un sistema de liga e copa e se favorece, no caso dos desempates, ás persoas con adversarios máis fortes atendendo á clasificación xeral.

 

TROFEOS E INSCRICIÓNS

Dende a organización apuntan que haberá trofeos para os tres primeiros clasificados nas categorías sénior, veterán (+ 60 anos), sub-18 anos, sub-16 anos, sub-14 anos, sub-12 anos e sub 10-anos, pois o evento ten carácter oficial, é dicir, resulta válido para o ránking nacional ou internacional dos participantes.

As inscricións xa están abertas, habilitándose dous xeitos para reservar praza: ben por correo electrónico, contactando con xoanrei@gmail.com, ben por teléfono no 655 796 421, até o mesmo 13 de outubro ás 10:30 h.

O prezo de participación xeral é de 5 euros, mais é totalmente de balde para as persoas residentes en Ares, previa acreditación desa condición.

 

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,