Se estás interesado/a en deixar de recibir facturas en papel, só debes contactar a través do correo electrónico servizo.augas@concellodeares.com e indicar un correo electrónico no que recibir a túa factura.

Este novo método non só é máis rápido e cómodo, senón que tamén é unha medida sostible que nos axuda a reducir o impacto no medio ambiente ao evitar o uso de papel.