O Servizo Municipal de Augas informa de incidencias na distribución postal das facturas

Comparte esta nota de prensa

Desde o Servizo Municipal de Augas de Ares veñen de informar á veciñanza dunha incidencia técnica producida durante o proceso de impresión e envío de facturas correspondentes ao último período de lectura.

Así, debido a un erro na cadea de produción e distribución postal, é posible que algúns domicilios reciban dúas copias idénticas da mesma factura.

Ante esta situación, o Servizo Municipal de Augas aclara:

  • O importe, os datos e o consumo reflectidos na factura son correctos, sendo unicamente un erro de impresión e envío duplicado.
  • A incidencia non afecta ao proceso de cobro. O cargo bancario realizarase unha única vez, tal e como sucede habitualmente.
  • Ao recibir dúas copias da mesma factura, non é necesario realizar ningunha xestión ou trámite co Servizo Municipal de Augas ou entidade bancaria. Pode simplemente descartar unha das copias.

Lamentamos as posibles molestias que poida causar este erro alleo á nosa vontade e agradecemos de antemán a comprensión.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.