O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) estrea “BEBeGALe”, un espazo web para que os pequenos e pequenas gocen do galego

Comparte esta nota de prensa

Iolanda Gomis, a técnica de normalización lingüística do Servizo compartido entre Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño presentou nestas últimas xornadas un apartado web destinado aos nenos e nenas de 0 a 4 anos. “BEBeGALe” é un recompilatorio de contos narrados e musicados, curtas de animación e outros tantos contidos divertidos en galego con amables animais como protagonistas!

O espazo dixital busca promover a difusión e o coñecemento destes recursos libres e outras propostas similares, fornecendo así de materiais tanto ós fogares como ás escolas infantís da contorna.

Descúbreo na seguinte ligazón!

https://linguaferrolterra.wordpress.com/bebegale/?fbclid=IwAR3AXxuNw3GGHlEAB0LgYfPws94j5FYUeLhe31SgwKoQ-0WuY3YBrG2VEJQ

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña