O SendAres pon en marcha a última ruta da tempada inverno-primavera

Comparte esta nota de prensa

O programa municipal de sendeirismo permitirá explorar Cee e Fisterra, percorrendo dúas etapas do coñecido como “epílogo” do Camiño de Santiago.

O proceso de inscrición abre hoxe, ás 23:59 horas, ata o 11 de maio, con 20 prazas asignadas e 60 euros de custe, incluíndo desprazamentos, guías e aloxamento e almorzo en albergue.


A Concellaría de Deportes vén de comunicar as novidades relacionadas coa última ruta do SendAres, a programación municipal de sendeirismo que axuda a coñecer o patrimonio natural galego a través do deporte, na súa tempada de inverno-primavera. Esta mesma noite do 27 de abril, ás 23:59 horas, poderase formalizar a inscrición no seu quinto itinerario, desta volta seguindo os pasos de moitos peregrinos e peregrinas tras a visita a Compostela.

Durante as xornadas do 21 e 22 de maio, os sendeiristas achegaranse ás contornas de Cee-Fisterra, percorrendo os últimos tramos do Camiño de Santiago que levan ata a tradicional fin da terra coñecida, Finisterrae. Especificamente, camiñarase de Oliveira a Cee (1ª etapa da actividade de 20 quilómetros) e de Cee a Fisterra (2ª etapa da actividade de 12 quilómetros), dúas rutas cheas de mitos, lendas e visitas a igrexas e vilas para descansar.

Dentro dos 60 euros que custa a actividade de fin de semana, inclúese precisamente o aloxamento e almorzo en albergue na vila de Cee, o municipio máis grande da costa da Morte; o desprazamento de ida e volta dende Ares, saíndo ás 06:00 horas do 21 de maio e chegando ás 18:00 do 22; o servizo de guías e os seguros.

A Concellaría de Deportes habilitará 20 prazas para este último itinerario, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición ata o 11 de maio ou ata o seu esgotamento. O proceso é integramente telemático a través do formulario da páxina web municipal

https://concellodeares.com

 

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña