O SendAres completa a súa saída extraordinaria por Asturias

Comparte esta nota de prensa

A programación da Concellaría de Deportes de sendeirismo municipal, o SendAres, achegouse esta fin de semana á contorna asturiana para explorar o seu incrible patrimonio natural.

A paisaxe despregouse ante os vinte sendeiristas que se sumaron a esta última iniciativa, un itinerario dividido en dous días, entre o sábado, 15, e o domingo, 16 de xuño,  e que permitiu camiñar entre a montaña e o litoral, con impresionantes vistas dende ambos eidos.

Así, a Serra do Sueve e a senda costeira de Queiruas-Canero foron os espazos protagonistas da saída, uns ítems naturais de gran valor e dunha beleza que se pode apreciar nas imaxes que vos deixamos aquí embaixo.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,