O Samaín en Ares: unha biblioteca de medo e moitas lecturas terroríficas

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Cultura vén de presentar parte da programación para celebrar a efeméride, incluíndo diferentes xogos de buscapistas na biblioteca municipal de Ares. Será necesario inscribirse previamente a partir do 30 de outubro ás 16:00 h. vía telemática na web do Concello.

Haberá outras dúas actividades complementarias nas instalacións da Alianza Aresana: unha mesa con libros de temática do Samaín e un photocall terrorífico para a veciñanza que se pase por alí.

O Concello presenta hoxe algunhas das actividades que se organizarán polo Samaín 2024, onde a Biblioteca Municipal de Ares se converterá nun escenario terrorífico grazas ás propostas que se achegan dende a área de Cultura.

‘Unha biblioteca de medo’ é o nome que recibe a busca de pistas que se promoverá a vindeira semana en tres quendas distintas. Trátase dunha aproximación dos pequenos e pequenas á biblioteca procurando atopar obxectos, notas e outros elementos desperdigados polas diferentes áreas ou mesmo polos libros, facendo que a rapazada chegue ben preparada para a aventura coas súas lanternas e mesmo caracterizados para a ocasión.

A área de Cultura estableceu tres grupos con 25 prazas cada un, repartíndose do seguinte modo:

  • Grupo 1: nenos/as de 3 a 5 anos. Martes, 5 de novembro ás 19:30 horas
  • Grupo 2: nenos/as de 6 a 10 anos. Mércores, 6 de novembro ás 19:30 horas
  • Grupo 3: nenos/as de 11 a 14 anos. Xoves, 7 de novembro ás 19:30 horas

 

Esta proposta precisará de reserva previa a través dun formulario telemático habilitado na web institucional, www.concellodeares.gal dende mañá, 30 de outubro de 2024, e  terá un custe de 3 euros que se abonará despois da confirmación da praza. Os membros de familia numerosa contarán cun 50 % de desconto.

De igual xeito, tamén dende mañá se porá a disposición da veciñanza usuaria da biblioteca tanto un Photocall Terrorífico para sacar fotografías do Samaín ata o 11 de novembro como unha escolma tematizada con historias cargadas de ambientes opresivos para que ninguén quede sen pasar a súa dose de medo.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña