O primeiro premio do MercAres xa ten gañadora!!

Comparte esta nota de prensa

A persoa agraciada recolleu o venres pasado o cheque de maior contía da campaña de consumo local da Concellaría de Comercio: uns 500 euros que se fraccionan en importes máis pequenos para facilitar o seu emprego nos establecementos adheridos ó MercAres e que foron entregados polos concelleiros José Juan Vilar e Olimpia Marcos.

Con todo, a campaña continúa ata finais de xaneiro co resto de premios en xogo! Vales-rasca de 5,10, 20 e 100 euros que seguen pola nosa vila dinamizando o consumo nunhas datas tan relevantes para comercios e veciñanza.

Parabéns aos gañadores/as e sorte ao resto de participantes!!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.