O Prados Vellos acolle o peche do Campus de Porteiros Sergio Álvarez da Fundación Celta

Comparte esta nota de prensa

Durante toda esta semana, o campo municipal de Prados Vellos foi o epicentro das sesións formativas do ‘Campus de Verán de Porteiros Sergio Álvarez’ da Fundación Celta de Vigo, unha modalidade que se consolidou como a principal novidade deste evento de mellora técnica que promoven conxuntamente o club olívico e o Concello durante os últimos anos, coa colaboración da Real Federación Galega de Fútbol e o Numancia de Ares.

Rapaces e rapazas de 6 a 16 anos puideron achegarse así a unha aprendizaxe especializada neste perfil futbolístico dende o luns até hoxe mesmo, centrándose nas cuestións tácticas e técnicas que atinxen aos porteiros e porteiras. Todo, ademais, baixo as metodoloxías lúdico-educativas dos monitores do Celta.

Con eles despedimos até o próximo ano todo o Campus de Verán na nosa localidade!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña