O pasado 4 de xuño, Ares acolleu o XV Campionato Galego de Dominó por parellas!

Comparte esta nota de prensa

Un evento con alta participación e fonda tradición na nosa contorna que arroxou o seguinte resultado:

A parella formada por Victor Lago Picos e José Sedes Ameneiros, da Asociación Recreativa Deportiva Dominó C.V.M. (A Coruña), proclamouse campioa galega, no primeiro lugar, seguida por Ángel A. Corredoira Brao e José Arias Valcárcel, da Asociación Recreativa Deportiva Chantada (Lugo) en 2º lugar. O 3º posto recaeu en Apolinar Fernández Valladares e Luis Cendán Fernández, da Asociación Recreativa Deportiva Xabre de Ares.

Estas tres primeiras parellas clasificadas terán acceso directo ao Campionato de España de Dominó que se celebrará nos días 3, 4 e 5 de decembro nas Palmas de Gran Canaria.

Ao acto de entrega de premios acudiu Noelia Montero, concelleira de Deportes, para formalizar o peche da competición galega.

Parabéns aos gañadores e clasificados!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña