O número premiado no Sorteo do Cadro “Cabo Prioriño” de Víctor Manuel Rodríguez Saavedra é o 1749.

Comparte esta nota de prensa

Este cadro, doado polo profesor Rodríguez Saavedra, estivo en exhibición na Casa da Xuventude e formou parte da recadación de fondos destinada ás saídas culturais dos estudantes de 3º da ESO do CPI As Mirandas. A recadación logrouse mediante a venda de rifas para o sorteo da obra pictórica, que os mozos e mozas realizaron pola vila e tamén no colexio.

Se resultas ser o gañador/a, ponte en contacto co CPI As Mirandas para reclamar o teu premio. Felicidades!

Pódeche interesar