O Mosteiro de Santa Catalina converterase no escenario de presentación do novo libro do escritor Juan Galán, titulado “As Tribulacións de Bruno Lamas”.

Comparte esta nota de prensa

O evento terá lugar o vindeiro sábado, día 13 de maio, ás 19 horas e contará coa presenza do propio autor, o escritor e xornalista Pablo J. Rañales, e a presidenta da Asociación de Amigos do Mosteiro, Celsa Formoso.

O acto literario será presentado por Nina Pantín e despois do faladoiro, o dúo Lírica ofrecerá unha actuación musical para os asistentes. A entrada é gratuíta e aberta a todo o público que desexe asistir.

A nova obra de Galán conta a historia de Bruno Lambas, un xornalista machista, mentireiro e “putero”, que por casualidade convértese en informante da Brigada Político Social, a policía política do réxime franquista. A trama desenvólvese no medio dun clima de convulsión social e política, marcado polas manifestacións estudantís e obreiras contra a ditadura, e enmarcado pola investigación xornalística dun naufraxio ocorrido fai cincuenta anos na costa galega.

O evento servirá para coñecer de primeira man a nova obra de Juan Galán e gozar dunha interesante tarde literaria.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,