O luns, 5 de decembro, baixo a celebración do Día Internacional dos Voluntarios, o consistorio do municipio acolleu un acto en recoñecemento á labor do voluntariado de Protección Civil de Ares, no que se premiou con diferentes distintivos os anos de antigüidade e traballo na agrupación local.

Comparte esta nota de prensa

Ao acto, ademais dos condecorados e o alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, tamén asistiu o concelleiro de Seguridade, José Juan Vilar, e a Secretaria da Asociación Nacional de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil (ANAV), Oliva García Trasancos.

Estas foron as mencións entregadas:

  • CARMÉN LÓPEZ FERNÁNDEZ – 20 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Categoría de Prata con distintivo vermello
  • DOLORES CASTRILLÓN VÁZQUEZ – 15 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Categoría de Prata con distintivo vermello
  • MARCIAL DÍAZ GONZÁLEZ – 30 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Encomenda de ouro á Constancia e Gran Cruz da Constancia
  • CARLOS RIVERA LÓPEZ – 15 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Gran Cruz da Constancia e Categoría de Prata con distintivo azul
  • JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO – 15 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Categoría de Prata con distintivo azul e medalla de recoñecemento pola covid-19 con distintivo laranxa.

Parabéns a todos eles pola súa labor e entrega coma voluntarios/as!

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,