O libro ‘Y tú, por qué quieres hablar de eso’ protagoniza a última sesión do club municipal de lectura

Comparte esta nota de prensa

O venres pasado, as participantes no club de lectura que promove a Biblioteca Municipal de Ares reuníronse na sesión mensual de maio para debullar as súas impresións detrás da primeira novela de Paz LeirósY tú, por qué quieres hablar de eso’ (Alvarellos Editora, 2022).

A partir dun collage de voces, situación e fragmentos, Paz Leirós constrúe un testimonio literario sobre os apoios que recibiu o golpe de Estado de 1936 en Santiago de Compostela, afondando nos motivos e contexto social do momento. Emerxe así a historia dunha familia, os Cifuentes, e un relato para construír memoria, plasmando a dor, as contradiccións e o silencio dun período histórico difícil onde as mulleres apenas podían tomar decisións sobre a súa propia vida.

Unha lectura distinta, con estrutura coral e fonda ambientación histórica.

Pódeche interesar