Este xoves, 18 de maio, celebrouse unha carreira de relevos en Ares para festexar co deporte e coa lingua o Día das Letras Galegas 2023.
A actividade consistiu nunha “Carreira de relevos pola lingua” na que participou o alumnado do CPI As Mirandas. A carreira contou cuns relevos cooperativos e ao remate montouse un crebacabezas coas pezas que se foron recollendo, con frases motivadoras para fomentar o uso do galego e a práctica do deporte. Para isto, no CPI As Mirandas desenvolveuse un traballo previo sobre citas e sobre deporte en relación co Día das Letras.
Esta iniciativa contou co impulso do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade e a Concellaría de Cultura de Ares, e coa implicación do CPI As Mirandas no conxunto da actividade.