Alí estará a disposición da veciñanza toda a semana, para despois dirixirse a Redes.
Así, o servizo volve a estar operativo tras verse afectado por contratempos técnicos, alleos ó concello, na xestión dos contedores máis delicados, coma é o caso dos relacionados cos aceites minerais e vexetais ou os pequenos electrodomésticos, que se encheron xa na primeira semana. Despois de realizar o correcto tratamento dos residuos e a reposición dos contedores, o punto limpo móbil continúa coa súa planificación con normalidade.
Dende a Concellaría de Medioambiente agradecen a comprensión da veciñanza polos imprevistos que xurdiron na posta en marcha do novo servizo.