O Concello renova as instalacións do Centro Cultural Outeiro de Chanteiro

Comparte esta nota de prensa

Mellorarase a eficiencia enerxética do edificio intervindo na envolvente térmica, no aillamento das fachadas, o sistema de calefacción e a iluminación, incorporando luminarias de tipo LED.

O orzamento ascende a 105.000 euros, IVE incluído, cofinanciado entre a Unión Europea (80 %) e a administración aresá (20 %).

A Concellaría de Urbanismo vén de informar do recente inicio do proxecto de mellora da eficiencia enerxética do Centro Cultural Outeiro, uns traballos que permitirán renovar esta infraestrutura fundamental na dinamización social de Chanteiro. Impulsaranse intervencións tanto no exterior coma no interior, sempre co foco posto en promover un aforro enerxético na  instalación de titularidade municipal.

Neste sentido, principiáronse os traballos na envolvente do edificio, mellorando o seu aillamento térmico, e xa se executou a iluminación interior, coa instalación de luminarias de tipo LED, así como a substitución da caldeira de gasoil existente por unha bomba de calor que emprega unha fonte de enerxía renovable.

O proxecto no Centro Cultural Outeiro supón un investimento de 105.465,95 euros, impostos incluídos, con cargo a fondos europeos (81.469,46 euros), no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e as arcas municipais (23.996,49 euros).

Aproveitando o arranque das obras, a concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, salientou que a actuación “contribúe a reforzar a infraestrutura de eficiencia enerxética e, polo tanto, de carácter verde do Concello”.

“Contamos xa con paneis fotovoltaicos en edificios públicos, como a Casa da Xuventude, o depósito de Os Castros ou Servizos Sociais; temos todo o casco urbano de Ares e Redes iluminado con luminarias LEDs e  as infraestruturas deportivas tamén están mellorándose baixo un enfoque de eficiencia enerxética, como fixemos no campo de fútbol de Prados Vellos e estamos a facer actualmente dentro da reforma do pavillón polideportivo municipal”, enumerou Marcos.

O conxunto destas renovacións redundan nun Ares ecolóxico, respectuoso co medioambiente, e dende a Concellaría de Urbanismo resaltan “que se continuará nesta senda de procura do aforro enerxético e sustentabilidade en edificios  municipais”.

 

INFORMACIÓN ADMINISTRATIVA

O Concello de Ares recibe unha axuda por importe 81.469,46 € para a execución do proxecto “Mellora da eficiencia enerxética do centro sociocultural do Outeiro de Chanteiro” correspondendose co 80% do orzamento do proxecto que ascende a 105.465,95 €, a través da da convocatoria de subvencións que se recollen na  Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (DOG nº 13 do 18 de xaneiro de 2024).

 

 

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,