O Concello programa un curso para coñecer as nocións básicas dun teléfono móbil

Comparte esta nota de prensa

A formación, sen custo algún para a veciñanza, destínase a persoas maiores de 55 anos que desexen aprender a empregar aplicacións e facer axustes básicos no seu smartphone.

O obradoiro realizarase todos os mércores de maio, de 10:30 a 12:00 horas, no edificio de Servizos Sociais de Ares.

A Concellaría de Igualdade e Benestar vén de anunciar a posta en marcha dun curso formativo relacionado co emprego dos teléfonos móbiles intelixentes (smartphones) ao longo do mes de maio. O principal obxectivo é achegar un coñecemento cada vez máis necesario ás persoas maiores, combatendo así unha das problemáticas actuais como é a brecha dixital.

O curso oriéntase á veciñanza maior de 55 anos que teña interese por aprender cuestións relacionadas co smartphone dentro da vida cotiá. Dende axustes básicos e o emprego de aplicacións de comunicación ao escaneo de documentación ou a xestión de fotos e vídeos, haberá espazo para perder o medo ao emprego do teléfono móbil e entender mellor o seu funcionamento xeral.

Victoria Montenegro, concelleira de Benestar, salientou precisamente “a necesidade de achegar este coñecemento tendo en conta os cambios que trouxo a pandemia. Non podemos deixar a ninguén atrás e por iso desexamos facilitar o manexo do móbil no contexto dixital. Que as persoas maiores poidan aprender nun contexto amable a usar a banca electrónica, a aplicación do SERGAS ou mesmo falar cos seus fillos sen problemas”.

Estas clases serán totalmente gratuítas, distribuídas en 4 sesións de hora e media todos os mércores do mes. Organizaranse polo tanto o 4, 11, 18 e 25 de maio de 10:30 a 12:00 horas, con grupos de 10 persoas, no edificio de Servizos Sociais de Ares.

Para inscribirse, as persoas interesadas poden reservar praza ou ampliar información contactando vía telefónica co 981 448 354.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña