O Concello presenta o Campus de Verán 2022 da Fundación Celta

Comparte esta nota de prensa

A iniciativa desenvolverase do 18 ao 22 de xullo no campo de fútbol municipal de Prados Vellos para os nenos e nenas entre 4 a 16 anos.

As persoas interesadas poden consultar toda a información e inscribirse en

https://rccelta.es/mais-celta/campus/

Esta mesma mañá, autoridades municipais e deportivas presentaron unha nova edición do Campus de Verán da Fundación Celta, achegando información sobre os obxectivos, o procedemento e o balance xeral da iniciativa. Ao acto acudiron o alcalde de Ares, Julio Iglesias; a tenente de alcalde, [B]Alma Barrón[/B]; o director da Fundación Celta de Vigo,Germán Arteta; o delegado territorial da Federación Galega, Abraham Yáñez, e finalmente o coordinador deportivo do Numancia de Ares, Jorge Martínez.

Foi a casa consistorial de Ares a que acolleu esta presentación formal dun evento con fonda tradición no municipio e gran éxito de participación. O Campus permitirá aos nenos e nenas de entre 4 a 16 anos de idade mellorar as súas habilidades futbolísticas empregando metodoloxías lúdico-educativas de adestramento da canteira do RC Celta, mais tamén traballando valores como o compañeirismo ou a superación.

O campus chegará a Ares na semana do 18 ao 22 de xullono campo municipal de Prados Vellos, en horario matinal de 9:45 a 13:45, e terá un custe de 137 euros, incluíndo a equipación completa do adestramento. Con todo, habilítase un prezo reducido de 124 euros para todos os participantes federados no A.D.R. Numancia, aboados ao Celtao e á súa Fundación.

A inscrición xa está aberta telematicamente, xunto con toda a información complementaria na seguinte ligazón:

https://rccelta.es/mais-celta/campus/

Ares, dos municipios máis antigos en contar co Campus do Celta

No acto de presentación do evento, Germán Arteta, director da Fundación Celta, fixo fincapé na importancia do Campus como unha iniciativa que “axudará moito á conciliación familiar, mais tamén aos nenos, que aprenderán moito máis aló do fútbol; aprenderán accións e valores como a puntualidade, o traballo en equipo, a amizade…”. Arteta, a maiores, resaltou a importancia do Campus en Ares, sobre todo tendo en conta que “levamos como mínimo dende 2011 desenvolvéndoo” e é, polo tanto, “dos máis antigos que temos” na Fundación.

Julio Iglesias, rexedor da localidade, valorou positivamente “a recuperación da normalidade cunha actividade con moita demanda e aceptación” que, ademais, “pon ao Numancia ao carón do Celta, axudando á difusión do noso equipo local”. Precisamente aludiu Iglesias ao “gran intercambio” de entrenadores e futbolistas que supón o Campus no municipio, que calificou coma “un exemplo de todo o bo que ten o fútbol, que é moito”.

Dende o Numancia A.D.R. agradeceron a organización un ano máis dunha actividade “de gran nivel preto da casa”, no campo de fútbol municipal de Prados Vellos, e dende a Federación Galega de Fútbol salientaron “o plus de valor que a iniciativa dá” ao conxunto de Ares.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña