O Concello pon fin ao MercAres tras dous meses de fomento do consumo local

Comparte esta nota de prensa

A campaña termina oficialmente hoxe, mais os interesados poderán cobrar os seus premios ata mediados de febreiro.

Contou coa participación de case un centenar de locais e un reparto de 6.000 euros, aumentando a contía nun 25 % con respecto á anualidade pasada

A Concellaría de Comercio e Industria vén de comunicar o peche da súa iniciativa para dinamizar a vida socioeconómica da localidade, o MercAres. Dende o 1 de decembro e ata hoxe mesmo, 31 de xaneiro, o ente municipal repartiu 6.000 euros entre a veciñanza a través dos 300 vales-rasca que se distribuíron por aproximadamente un centenar de negocios aresáns.

Porén, aínda que a campaña remate de maneira oficial no día de hoxe, o Concello lembra que haberá un marxe de 15 días para cobrar os premios que aínda non estean tramitados, facilitando así a transición e finalización completa da iniciativa.

Lucía Blanco, edil de Comercio, aproveitou o peche para reafirmar “a boa acollida que tivo o noso MercAres nestes últimos meses” e a “satisfacción” xerada pola implicación de veciñanza e locais. “A idea dende a Concellaría de Comercio é intentar repetir un terceiro ano máis na mesma liña do que viñemos facendo, perfeccionando os elementos que sexan necesarios para mellorar e consolidar a iniciativa en Ares”, salientou.

Nesta edición, xa houbo un incremento dun 25 % do orzamento con respecto á campaña de promoción pasada, principalmente para promover un maior aumento dos novos fluxos de consumo, beneficiando aos negocios e ciclos produtivos que desenvolven a súa actividade en Ares e conectando á institución local, á veciñanza e ó tecido comercial.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña