O Concello licita catro postos do mercado municipal de Ares

Comparte esta nota de prensa

Nestes últimos días aprobáronse as bases que regulan as condicións do procedemento de adxudicación, tamén publicadas este xoves no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

A persoa adxudicataria dalgún dos postos abonará 30 euros ao mes, 60 euros ao ano pola auga e 118 euros pola luz. A maiores, será imprescindible abonar os 1.500 euros do canon polos 10 anos de concesión do posto do mercado (7 anos máis 3 prorrogables).

Haberá 10 días naturais para presentar as propostas dende hoxe, 16 de maio, a través do Rexistro Xeral do Concello, en horario de luns a venres.

De cara a dinamizar o mercado municipal de Ares, o Concello vén de aprobar as bases de licitación para a explotación de catro postos: os números 3, 6, 7 e 8, libres na actualidade. Toda persoa interesada na súa xestión ten dez días naturais, contabilizando dende hoxe, data da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), para achegar as súas propostas.

Deberanse presentar a través do Rexistro Xeral da institución aresán en horario de luns a venres ou, se é o caso, acreditando o resguardo correspondiente da remisión, xunto coa data de imposición de envío na Oficina de Correos, e anuncialo o mesmo día ó órgano de contratación.

Na solicitude, é imprescindible que se especifique a actividade que se pretende desenvolver no posto, que contará cunha concesión de 10 anos (7 con posibilidade de prorrogalos 3 anos máis).

No que atinxe aos prezos mensuais, as persoas adxudicatarias aportarán 30 euros ao mes, xunto co recibo anual do lixo e os importes correspondentes da auga (60 euros/ano) e da luz (118 euros/ano). Asímesmo, estableceuse un canon de 1.500 euros pola totalidade dos 10 anos de concesión, efectuándose o pago no mes posterior á comunicación da resolución á persoa adxudicataria do posto municipal.

Publicación do Boletín Oficial da Provincia que anuncia a licitación dos postos no mercado municipal de Ares: https://concellodeares.com/convocatoria-para-a-concesion-de-postos-no-edificio-do-mercado-municipal-de-ares-postos-no-3-6-7-e-8/

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña