
Segundo a información aportada pola Concellaría de José Juan Vilar, balizarase paulatinamente o areal urbano de Ares, mais tamén as praias de Seselle, O Raso, Area Morta (Redes) e Chanteiro, nunha intervención na que se instalarán unhas aproximadamente 50 boias para diferenciar as zonas de baño das de emprego deportivo ou de lecer.
Vilar salientou a “mellora de convivencia” de bañistas e embarcacións que suporá a instalación da sinalización, coas súas respectivas canles, mais tamén un claro “aumento da seguridade” no uso cotián dos areais neste e futuros períodos estivais, que estarán adecuados ás instrucións e certificacións dadas por Capitanía.