O Concello fai un chamamento á veciñanza para secundar a manifestación polo dereito ao tren deste vindeiro domingo

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares fai un chamamento á veciñanza para secundar a manifestación polo dereito ao tren en toda a comarca convocada para este domingo,  30 de novembro, en Ferrol, por parte do Foro Cidadán Polo Ferrocarril.

Comezará ás 12:00 horas nun percorrido que atravesará a cidade até chegar á Praza de Armas. Entre as reivindicacións, reclámase un tren “adaptado ao século XXI” para toda Ferrolterra, Eume e Ortegal, respondendo ás necesidades de mobilidade da cidadanía, e que conte cun impulso nas infraestruturas ferroviarias, ancoradas no pasado e con acusadas deficiencias.

Ademais, tamén se demandan incrementos nas frecuencias entre Ferrol e A Coruña, facendo que a comarca estea conectada de verdade co Eixo Atlántico e tamén con Madrid, entre outras melloras. Na actualidade, a situación supón unha “discriminación ferroviaria” que require dunha unión transversal de Ferrolterra, Eume e Ortegal para acadar solucións reais.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.