O Concello e o CPI As Mirandas promoven a segunda edición do concurso de microrrelatos escolares

Comparte esta nota de prensa

Tanto a mocidade empadroada en Ares coma o alumnado do CPI As Mirandas terán a posibilidade de coller plumas e bolis e presentarse ao certame literario.

Asignáronse dúas categorías, de primaria e a ESO, con premios para o gañador/a e o finalista

A Concellaría de Cultura e o colexio municipal de Ares formalizaron de novo a súa colaboración coa organización do II Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos, unha iniciativa que pon o foco na conexión da mocidade co eido literario.

Os nenos e nenas de primaria (4º, 5º e 6º) e o alumnado da ESO do CPI As Mirandas, xunto coa rapazada empadroada no termo municipal, poderán participar cun máximo de dous microrrelatos limitados a 200 palabras, incluíndo obrigatoriamente un título para eles e empregando algunha das frases de inicio estipuladas nas bases.

O prazo termina mañá, 12 de maio, ás 19:30 horas, pudendo entregar ben vía e-mail aos correos electrónicos tesmoitalingua@gmail.com ou cultura@concellodeares.com , ben no colexio ou biblioteca municipal de Ares. Haberá un gañador/a (cun premio de tablet/ebook) e un finalista (cun premio de lote de libros) en cada categoría, divididas entre o estudantado de primaria e de secundaria.

Tras o peche do proceso de recepción de microrrelatos e as valoracións do xurado, celebrarase un acto de entrega de premios o luns, 23 de maio, no salón de actos da Alianza Aresana.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña