O Concello e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) promoven en Ares a exposición “#SomosQuen: científicas preto de TI”

Comparte esta nota de prensa

O hall da Alianza Aresana acollerá dende o martes, 22 de novembro, data da inauguración, ata o 2 de decembro unha mostra de 9 investigadoras tecnolóxicas en diferentes fases da súa carreira que reflexionan sobre o seu papel coma mulleres e científicas do CiTIUS da USC.

“Non te conformes”, “Nada é difícil se che gusta”, “Busca e decide”: son só algunhas das mensaxes que 9 investigadoras do CiTIUS envían ás rapazas e nenas máis novas no marco da exposición “#SomosQuen: Científicas preto de TI” elaborada polo mesmo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes, mais que chega a Ares a través da colaboración coa Concellaría de Cultura.

A entrada da Alianza Aresana contará dende o martes, 22 de novembro, con esta mostra composta por múltiples paneis que desexan servir de inspiración a nenas e rapazas que aínda non decidiran o seu futuro académico, despertando a súa vocación investigadora. Con todo, tamén trata de promover e divulgar a labor científica do CiTIUS coma centro de investigación de referencia. A súa inauguración oficial realizarase o mesmo 22 de novembro, ás 12:00 horas, coa asistencia de Alma Barrón e representantes do centro tecnolóxico da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Ata o 2 de decembro, haberá a posibilidade de visitar unha exposición que leva a ciencia á rúa, pero que tamén defende a normalización das mulleres en investigación, cunha presenza aínda minoritaria que precisa de mensaxes que fagan máis atractivo o feito de ser muller e investigadora.

A exposición conta coa participación de Paula López, directora adxunta do CiTIUS, e das investigadoras Dora Blanco, Mariña Canabal, María José Carreira, Ledicia Díaz, Iria de Dios, Faranak Karimpour, Celia Outes e Silvia Rodríguez.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña