O Concello e a Delegación Territorial da Xunta en Ferrol supervisan as melloras na iluminación ornamental do Mosteiro de Santa Catalina

Comparte esta nota de prensa

A concelleira de Urbanismo de Ares, Olimpia Marcos, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, visitaron o venres pasado este inmoble aresán de considerable valor patrimonial, de cara a inspeccionar o resultado das dúas intervencións que se realizaron na súa iluminación ornamental nocturna.

A través do proxecto de mellora lumínica, instaláronse 39 elementos contabilizando tanto  proxectores exteriores no chan axardinado coma luminarias lineais, unha intervención que contou cun apoio económico de Turismo de Galicia de 60.000 euros, divididos en dúas convocatorias ao longo das anualidades de 2023 e 2024, para o embelecemento nos accesos aos recursos turísticos dos concellos de ata 10.000 habitantes.

Segundo Olimpia Marcos, edila de Urbanismo, “a finalización do proxecto reafirma o noso compromiso pola dignificación do Mosteiro, un dos tesouros arquitectónicos da comarca de Ferrolterra: á posta en marcha da iluminación ornamental temos que sumar a recuperación do Cabido de Montefaro ou a rehabilitación da fachada e tamén da cociña, agora convertida en espazo para actividades sociais e culturais”. Todo iso conforma a estratexia de dignificación do cenobio aresán que se desenvolveu progresivamente nas últimas lexislaturas.

As autoridades institucionais, ás que se sumou o representante dos populares de Ares, supervisaron así a contorna completa do Mosteiro de Santa Catalina, que a partir de agora xa conta cunha infraestrutura de iluminación idónea para a observación dos paramentos e detalles arquitectónicos deste Ben de Interese Cultural (BIC).

Consulta toda a información da última mellora da iluminación ornamental na seguinte ligazón: https://concellodeares.com/o-concello-instala-unha-nova-iluminacion-nocturna-para-o-mosteiro-de-santa-catalina/.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña