Unha formación de máis de 600 horas que se organizará en Narón, baixo un horario de 9:00 a 14:00, e ao que poderán sumarse todas as persoas interesadas e empadroadas en Ares.

Xunto ao  empadroamento no municipio, tamén se requerirá:

  • Estar en situación de desemprego, inscrito no Servizo Público de Emprego e atoparse nalgunha das casuísticas contempladas no programa.
  • Ter cumpridos 16 anos de idade no momento da inscrición.
  • Estar en posesión dos títulos ou certificados precisos para cursar unha formación que se corresponde co certificado de profesionalidade de nivel 2 (estudos de ESO, 2º de BUP, FP-1, competencias chave nivel 2…).

O prazo de inscrición está aberto ata o 31 de xaneiro. Se tes interese, lembra que no Departamento de Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) situado na terceira planta do concello poden axudarte a tramitar a túa solicitude e resolver as posibles dúbidas.