O Concello de Ares recibiu una liña Axudas autonómicas para a realización do proxecto “MELLORA DA ACCESIBILIDADE E POSTA EN VALOR DA CONTORNA DA PRAIA DO XUNCAL – (GALP2-211)” cun orzamento total subvencionable de 49.421,60 € cun porcentaxe de axuda dun 80 % que farase na anualidade 2022 ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.
O proxecto se localiza na praia de O Xuncal, é unha praia de area branca en forma de cuncha duns 950m. de lonxitude emprazada no mesmo corazón do núcleo urbano da localidade ,moi frecuentada por veciños e visitantes de toda a comarca e polas persoas que enchen a ocupación ou visitan o noso paseo marítimo próximo a esta praia, e núcleo turístico de ingresos neste municipio.
Neste senso, potenciase polo tanto este espazo marítimo ao carón da praia, mellorando a comodidade, accesibilidade e seguridade, para o uso e desfrute da poboación que se achega a este entorno de gran valor natural, con materiais respectuosos e harmoniosos co entorno.
Con esta actuación pretendese potenciar e favorecer de forma sostible os sectores mariño e marítimo no Concello de Ares.
A continuación mostránse unha das imaxenes da propia publicidade do proxecto correspondente coa súa execución para a súa posterior xustificación da publicidade dos Fondos que financian esta actuación.
E para que asi conste e surta os seus efectos oportunos, expidese o seguinte documento acreditativo publicado na web municipal “www.concellodeares.com”, en Ares a, vinte e oito de decembro de dous mil vinte.
Asdo.: D. Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde-Presidente do Concello de Ares