O concello de Ares recibe unha axuda polo importe de 20.000,00 € por parte da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda repartidos en dúas anualidades 12.273,59 € correspondentes a anualidade 2023 e 7.726,41 € correspondentes a anualidade 2024 ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia, para o desenvolvemento do proxecto PIMA Cambio Climático para a realización de accións de mitigación e adaptación ao cambio climático, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2023 (código de procedemento MT975O) (D.O.G., Nº 104, de 2 de xuño de 2023).
A financiación recibida dedícase a execución do “PROYECTO BÁSICO Y DE EJECUCIÓN DE INCREMENTO DE LA BIODIVERSIDAD Y MEJORA DE HÁBITATS PARA LA VIDA SILVESTRE” cun orzamento de 20.097,29 € (IVE Engadido).
A finalidade de esta liña de axudas consiste no incremento da biodiversidade urbana e mellora dos hábitats para a vida silvestre e mais concretamente no parque fluvial e a Senda Peonil da Xunqueira, representando a loita contra o cambio climático e os seus efectos, a través dunha maior conciencia sobre as repercusións do cambio climático, preservando a reserva da biosfera e buscando unha contorna natural sostible, especialmente coa promoción da conservación da canle do río da Xunqueira, e a protección de valores naturais da flora e da fauna autóctona.