O Concello de Ares organiza este sábado unha nova ruta guiada polo litoral aresán de maneira totalmente gratuíta

Comparte esta nota de prensa

Partirá ás 10:00 horas do Club de Remo de Ares para introducirse na costa e apreciar así unha paisaxe marcada polos farallóns, as illas e os pequenos areais de considerable valor natural. O itinerario chegará ata o Castro de Santa Mariña e a Cova dos Mouros, dous espazos que forman parte da nosa historia, para logo regresar ó núcleo urbano.

Uns 9 quilómetros para desfrutar do patrimonio paisaxístico da nosa localidade! Lembra que xa podes reservar a túa praza ou ampliar a información na Oficina de Turismo da Localidade (OIT), ben presencialmente, ben telefonicamente no 981 468 259.

Este conxunto de rutas guiadas forma parte de “Ares no Mar”, unha iniciativa que conta co apoio económico do Fondo Europeo e Marítimo da Pesca, a través do GALP GOLFO Artabro NORTE.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,